Sociedad Viernes 10 de Abril de 2009
A Coruña rexistra o maior número de casos detectados dende 1984, ao sumar 1.548
A incidencia do Sida en Galicia estabilízase en cincuenta casos por millón de persoas e en 2008 diagnosticáronse 83
A Coruña rexistra o maior número de casos detectados dende 1984, ao sumar 1.548
A incidencia do Sida en Galicia estabilízase en cincuenta casos por millón de persoas e en 2008 diagnosticáronse 83
europa press > santiago de compostela
O número de casos de Sida diagnosticados en Galicia durante o ano 2008 ascendeu a 83, o que supón que a incidencia anual está “estabilizada” en menos de 50 casos por millón de habitantes. A Comunidade galega contabilizou 3.766 persoas ás que se detectou esta síndrome dende 1984, das que 2.085 morreron por esta patoloxía. Así se deduce dos datos da Consellería de Sanidade nun informe difundido hoxe no que o número se constata que o número de casos novos por esta enfermidade empezou a descender dende o ano 1997. O maior chanzo de baixada produciuse entre ese ano e o seguinte, cun descenso que superou o 40 por cento entre 1997 e 1998.
Dende ano 2005, o número de casos novos da enfermidade mantivo a tendencia descendente e estabilizouse por debaixo dos 50 caos por millón de habitantes, que supón a cifra obxectivo que recolle o Plan de Saúde de Galicia 2006-2010.
No total acumulado de casos rexistrados, constátase que o 77 por cento se corresponde con homes. Ademais, a idade no momento do diagnóstico é, principalmente, a de adultos novos, xa que no 69 por cento dos casos se sitúa entre os 25 e os 39 anos. A maiores, a idade máis frecuente na idade do diagnóstico segue aumentando paulatinamente e, na actualidade, atópase nos 41 anos.
No período entre 1984 e 2008, a práctica de risco máis asociada á transmisión desta enfermidade en Galicia é compartir material de inxección para a administración parenteral de drogas. Este caso supón o 64 por cento dos casos.
No segundo posto atópanse as prácticas heterosexuais non protexidas, que representan o 21 por cento, mentres que o 11 por cento dos casos nos homes se deben a relacións homosexuais de risco.
No intervalo entre 2003 e 2008, este fenómeno repítese e compartir material de inxección para a administración de drogas alcanza o 47 por cento, aínda que se observa que a importancia relativa desta vía de transmisión vai diminuíndo respecto dos casos asociados a prácticas heterosexuais de risco.
A este respecto, o contaxio por relacións entre homes e mulleres non protexidas segue ascendendo e representa nestes seis anos un 31 por cento dos casos. Ademais, o 19 por cento dos caos entre homes mostran riscos relacionados con prácticas homosexuais non protexidas (83 casos de 434 homes).
A Coruña constitúe a provincia galega con maior frecuencia absoluta desta enfermidade, pois dende o comezo da epidemia se rexistraron nesta 1.548 casos 45 en 2008, fronte a Lugo, que contabiliza 310 tres en 2008.
Pola súa banda, Pontevedra conta con 1.485 casos, dos cales 29 detectáronse en 2008; e Ourense, que 423, seis deles o pasado exercicio. As taxas por millón de habitantes nestes 24 anos outorgan á provincia pontevedresa á maior taxa, con 1.565 caso por millón de habitantes.
Galicia ocupa un lugar intermedio entre as comunidades autónomas, cunha taxa de incidencia situada por debaixo do total do Estado, sen superala en ningún momento do período.
Así, os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública concluíron que a actividade “prioritaria” da Administración debe centrarse na “realización de intervencións destinadas ao consello preventivo e á detección precoz da patoloxía con prácticas de risco de infección”.
En especial, debe realizarse nas parellas sexuais de consumidores de drogas inxectables ou de antigos consumidores, en homes con relacións sexuais con outros homes, parellas serodiscordantes e persoas con enfermidades de transmisión sexual e as súas parellas e colectivos.
Neste sentido, a consellería aprobou unha orde de axudas por valor de 276.2000 euros para este ano, das que 255.000 distribuiranse entre asociacións e 21.000 irán aos concellos co obxectivo de que estas entidades desenvolvan actividades anti VIH/SIDA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario